O Mar das Laquedivas ou o Mar de Lakshadweep é un corpo de auga que limita coa India, (incluíndo as illas Laquedivas), as Maldivas, e Sri Lanka. Está situado ao suroeste de Karnataka, ao oeste de Kerala e ao sur de Tamil Nadu. Este mar quente ten unha temperatura estable de auga ao longo do ano e é rica en vida mariña. Só o Golfo de Mannar alberga preto de 3.600 especies. Trivandrum, Kochi, Colombo, Quilon, Alappuzha e Malé son as principais cidades á beira do mar das Laquedivas. Kanyakumari, a punta máis meridional da India peninsular, tamén bordea este mar.